Da gusto entrar no noso colexio. Inúndanos unha chea de colores, olores e sabores.
sábado, 20 de noviembre de 2010
O MAGOSTO
Outro ano mais chegou o San Martiño, é tempo de castañas, asique no noso cole preparámonos para Celebrar o magosto, fixemos murales, pins, manteis para sentarnos, botes para as cascas, e @s mestr@s picaron e asaron as castañas que despois entre todos degustamos. Aquí vos deixo unha mostra do ben que o pasamos.
ESTES SON OS NOSOS MURAIS DO MAGOSTO:
MURAL DE 3 ANOS B
MURAL DE 3 ANOS A
MURAL CONXUNTO DE 5 ANOS A e 5 ANOS B
MURAL DE 4 ANOS B
MURAL DE 4 ANOS A
PINS
viernes, 19 de noviembre de 2010
jueves, 4 de noviembre de 2010
BLOG DA BIBLIOTECA
Estamos poñendo en marcha un Blog da biblioteca, asique aquí vos deixo un enlace para que pasedes a vernos. Nel atoparedes desde contos dos nosos alumn@s ata diversas informacións de interese.
http://bibliotkrc.blogspot.com/
http://bibliotkrc.blogspot.com/
lunes, 18 de octubre de 2010
RECURSOS TIC PARA TRABALLAR O OUTONO
Xa estamos aquí un curso máis, navegando pola rede atopei esta páxina de recursos TIC para traballar o Outono asique deixo aquí o enlace para os/as que vos poida interesar http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=Otono
O outono de Vivaldi
Enlace a un album con RECURSOS para traballar o outonohttp://picasaweb.google.com/LUCIAGOMEZPIQUERAS/OTONO02?feat=content_notification#
O outono de Vivaldi
Enlace a un album con RECURSOS para traballar o outonohttp://picasaweb.google.com/LUCIAGOMEZPIQUERAS/OTONO02?feat=content_notification#
domingo, 11 de julio de 2010
UN AGASALLO PARA AS PROFES DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Xa se rematou un curso máis e os nenos de 5 anos tamén rematamos o ciclo de Educación Infantil, asique na clase de Plástica fixemos un libro para as nosas profes Sara e Bea, para que garden un recordo de cada un de nós.
UN AGASALLO PARA BEA
UN AGASALLO PARA SARA
UN AGASALLO PARA BEA
UN AGASALLO PARA SARA
domingo, 4 de julio de 2010
TRABALLOS DE PLÁSTICA
Aquí queda unha mostra dos traballos de plástica que fomos facendo ó longo do curso.
lunes, 31 de mayo de 2010
¿QUE NOS CONTA UN CADRO?
Esta semana os nenos/as de 5 anos do cole fomos ó museo de Belas Artes.
Alí descubrimos que se nos fixamos ben, un cadro, sen dicir nin unha soa verba cóntanos un montón de cousas: Observamos unha paisaxe de Modesto Urgell e o cadro contounos que estaba anoitecendo, que facía aire, que as mulleres ían para a casa,.... e todo isto só fixándonos ben...¡qué interesante!. Tamén nos gustaron moito os cadros de Seoane, as historias que nos contou o monitor, e tanta cor que alí había. Pero co que máis desfrutamos foi facendo o noso propio cadro: Un retrato. Despois de observar varios cadros de Retratos do museo foi moi fácil debuxar cousas nun papel e que éste falase sen ter boca.

miércoles, 26 de mayo de 2010
UNHA HISTORIA CON TÍTERES
Onte os nenos/as do Ceip Raquel Camacho percorremos un "CAMIÑO DE AVENTURAS" da man da compañia de Titeres Cachirulo, que nos contou unha historia que aconteceu fai cincocentos anos. Gaifeiros vai en misión segreda a falar co príncipe árabe para rematar a guerra entre os dous pobos. No camiño atopouse con Lucifer que tentou detelo, pero o pelegrín conseguíu enganalo e escapou. O demo perseguíuno por todo o mundo facendo despropósitos para que non chegase ó seu destino.
lunes, 24 de mayo de 2010
OS TRES PORQUIÑOS
Hoxe os nenos/as de infantil fomos ó guiñol que nos fixeron as profes. ¡Vaia medo que pasamos co lobo!, menos mal, que ó final caeu pola chimenea, e marchou co rabo queimado entre as pernas.
jueves, 6 de mayo de 2010
A PEDRA E AS FORMIGAS
¿ Coñecedes este conto? Trata de dúas formigas que van paseando polo campo preto dun escuro bosque; viron ó lonxe unha pedra enorme e decidiron descansar ó seu carón para merendar. De súpeto comezan a oir unha afinada voz de muller, despois de moito buscar, non había dúbida, a voz viña do interior da pedra ¿Quén se agocharía alí?.
Os nenos de infantil desfrutaron moito escoitando o conto no cole, pero ainda o pasaron mellor cando fomos ver a súa adaptación ó teatro.
jueves, 29 de abril de 2010
¿SABEDES QUEN É?
Pois é a Ratiña Laranxa, e os neno@ de 4 anos fomos escoitar a súa historia ó Palacio da Opera. Pasámolo moi ben. Cantamos cancións, escoitamos como soan distintos instrumentos, e vivimos coa ratiña moitas emocións: o medo, cando se perdeu no bosque, a ilusión da súa festa de aniversario, a placidez do sono......
Este sábado día 1 de maio pódese volver a ver a obra ás 12.00 da mañá na sala de cámara do Palacio da ópera.
Se quederes saber máis pinchade aquí.
Este sábado día 1 de maio pódese volver a ver a obra ás 12.00 da mañá na sala de cámara do Palacio da ópera.
Se quederes saber máis pinchade aquí.
domingo, 25 de abril de 2010
miércoles, 21 de abril de 2010
HISTORIAS DO ACUARIO
¿Sabedes a onde fomos onte os nenos e nenas de tres anos?..... Pois fomos o Acuarium, ¡qué ben o pasamos!, andivemos a procura dos polbos que se agochaban entre as rochas, buscamos morenas nos furados das penas, perseguimos ó congrio xigante, escoitamos o ruido do mar, tocamos estrelas de mar, que resulta que teñen os ollos na punta de cada brazo e ademáis se perden un, pois vólvelle a nacer. Algunhas especies poden ter ata 40 brazos ¡ vaites e nós pensando que só tiñan 5!.
Despois fomos ver a Gastón e a Hermosa ¿sabedes que son?, Pois os tiburóns do acuario, Ufff, que grandes son, e cantos peixes hai arredor.
Pero ademáis dos peixes, Ana a nosa monitora, contounos dúas historias que nos gustaron moito,
¿Queredes que volas conte? ......Pois ahí van:
HISTORIA DO PEIXE DE SAN PEDRO
¿Vedes esas manchas redondas que ten este peixe a cada lado?
Pois conta a historia, que fai moito, moito tempo, un peixiño quedou atrapado entre unhas rochas e fíxose unha ferida, nese momento estaba o apóstolo San Pedro na súa barca, que vendo o peixiño malferido colleuno con dous dedos, curouno e deixouno outra vez no mar. Por iso se cree que as dúas manchas negras son as pegadas dos dedos do apóstolo e de ahí o seu nome: peixe de San Pedro.
HISTORIA DE PORQUÉ O MAR É SALGADO:
Hai moitos anos nun país moi ao norte, nunha pequena illa, vivía unha familia moi, moi pobre, que tiña moitos fillos e case nada para comer. Un día chegou ata a súa porta un mendigo, e eles como eran moi boas persoas convidárono a pasar e compartiron con él a súa escasa cea. Antes de marchar o mendigo en agradecemento pola súa amabilidade agasallounos con un pequeno muiño e díxolles: "A partires de hoxe non volveredes a pasar fame, este é un muiño máxico, cando precisedes comida ou roupa moedes co muniño e darávos o que lle pidades. Para que se deteña só tedes que dicir as palabras máxicas". A familia así fixo, cando querían pan, moían pan, e se querían carne moian carne e así durante moitos anos. Ata que un día pasou por diante da súa ventá un perigoso pirata que vendo as maravillas que facía o muiño roubouno e levouno con el ó seu barco. Cando chegou a hora de facer a comida o cociñeiro decatouse de que non tiña sal, e dixo o pirata : "Pois pedímoslle ó muiño sal e que moia sal". E así o fixo pero..... resulta que o pirata non sabía as palabras máxicas asique o muiño comezou a moer sal, e mais sal, e mais sal, ata que o barco pouco a pouco se foi afundindo no mar, e como ninguén sabe como paralo o muiño ainda segue no fondo do mar a moer sal. Por iso o mar está salgado.

sábado, 17 de abril de 2010
¡QUE BEN, IMOS Ó CINE!
Esta semana os nenos e nenas de infantil do cole fomos ó CGAI a ver tres películas:
A GARZA E A OSTRA: Unha garza quere comer unha ostra, parecece fácil pero.....a ostra ten os seus trucos, mentras un pescador agarda....
¿pescará algo?.
OS CÁGADOS NA PROCURA DA SÚA MAMÁ:
Nun tranquilo estanque mamá rá acaba de poñer os seus ovos. Nacen un montón de cágados que percorren o estanque buscando a mamá ra, pregúntanlle a varios dos seus habitantes peixes, tartarugas, cangrexos de mar.....¿atoparana?
OS TRES MONXES: A un mosteiro que se atopa no cumio dunha montaña chegan tres monxes, un pequeno, un grande e un gordiño. Para ir por auga hai que baixar a montaña e volvela a subir polo que logo xorden os primeiros problemas, ata que un día se declara un incendio....
A GARZA E A OSTRA: Unha garza quere comer unha ostra, parecece fácil pero.....a ostra ten os seus trucos, mentras un pescador agarda....
¿pescará algo?.
OS CÁGADOS NA PROCURA DA SÚA MAMÁ:
OS TRES MONXES: A un mosteiro que se atopa no cumio dunha montaña chegan tres monxes, un pequeno, un grande e un gordiño. Para ir por auga hai que baixar a montaña e volvela a subir polo que logo xorden os primeiros problemas, ata que un día se declara un incendio....
martes, 6 de abril de 2010
domingo, 4 de abril de 2010
miércoles, 24 de marzo de 2010
¿ESTO ES MAGIA?
Os nenos e nenas de 4 anos fomos onte a Casa das ciencias, primeiro fomos o planetario dixital e vimos a proxección da película " A noite do vampiro", quedamos impresionados pola historia de Siro o vampiro e sobre todo por ver proxectadas as imaxes encima das nosas cabezas, parecía que se estaba a mover todo, Alex, que estaba sentado ó meu lado díxome: << Profe, que nos estamos estamos moviendo, ¿esto es magia?>>.
Despois demos un paseo pola exposición, que xiraba entorno a figura de Darwin, xa que se celebra o 150 aniversario da publicación " A orixe das especies".
Alí vimos fósiles de animais, curiosas coleccións ( ata había unha de gormitis), xogos interactivos ¡Qué ben o pasamos facendo burbullas de xabón, tirando o balón ó canón de aire.....!, e xa cando íamos a marchar reparamos nun expositor que resulta que estaba cheo de ovos, pero.... Oh!! Qué sorpresa!! Están a sair pitiños dos ovos.
Foi unha saída estupenda.

![]() |
casa de las ciencias |
lunes, 22 de marzo de 2010
PRIMAVERA NO RAQUEL CAMACHO
Chegou a primavera ó Raquel Camacho, e con ela o Día da Árbore. Pasámolo moi ben plantando pequenas árbores, plantas e legumes. Aquí deixo unhas fotos para que vexades que bonito quedou o xardín do noso cole.
Si entras no cole, nun dos corredores tamén podes ver unha exposición de murais feitos polos nenos/as con distintas árbores, trátase dun horoscopo Druida, xa que este ano o centro de interese en torno o que traballamos é a cultura castrexa. Convídovos a pasar e a ver o bonito que quedou.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)