lunes, 31 de mayo de 2010

¿QUE NOS CONTA UN CADRO?

Esta semana os nenos/as de 5 anos do cole fomos ó museo de Belas Artes.
Alí descubrimos que se nos fixamos ben, un cadro, sen dicir nin unha soa verba cóntanos un montón de cousas: Observamos unha paisaxe de Modesto Urgell e o cadro contounos que estaba anoitecendo, que facía aire, que as mulleres ían para a casa,.... e todo isto só fixándonos ben...¡qué interesante!. Tamén nos gustaron moito os cadros de Seoane, as historias que nos contou o monitor, e tanta cor que alí había. Pero co que máis desfrutamos foi facendo o noso propio cadro: Un retrato. Despois de observar varios cadros de Retratos do museo foi moi fácil debuxar cousas nun papel e que éste falase sen ter boca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario