miércoles, 21 de abril de 2010

HISTORIAS DO ACUARIO

¿Sabedes a onde fomos onte os nenos e nenas de tres anos?..... Pois fomos o Acuarium, ¡qué ben o pasamos!, andivemos a procura dos polbos que se agochaban entre as rochas, buscamos morenas nos furados das penas, perseguimos ó congrio xigante, escoitamos o ruido do mar, tocamos estrelas de mar, que resulta que teñen os ollos na punta de cada brazo e ademáis se perden un, pois vólvelle a nacer. Algunhas especies poden ter ata 40 brazos ¡ vaites e nós pensando que só tiñan 5!.
Despois fomos ver a Gastón e a Hermosa ¿sabedes que son?, Pois os tiburóns do acuario, Ufff, que grandes son, e cantos peixes hai arredor.
Pero ademáis dos peixes, Ana a nosa monitora, contounos dúas historias que nos gustaron moito,
 ¿Queredes que volas conte? ......Pois ahí van:

HISTORIA DO PEIXE DE SAN PEDRO 
      ¿Vedes esas manchas redondas que ten este peixe a cada lado?
Pois conta a historia, que fai moito, moito tempo, un peixiño quedou atrapado entre unhas rochas e fíxose unha ferida, nese momento estaba o apóstolo San Pedro na súa barca, que vendo o peixiño malferido colleuno con dous dedos, curouno e deixouno outra vez no mar. Por iso se cree que as dúas manchas negras son as pegadas dos dedos do apóstolo e de ahí o seu nome:  peixe de San Pedro.


HISTORIA DE PORQUÉ O MAR É SALGADO:

Hai moitos anos nun país moi ao norte, nunha pequena illa,  vivía unha familia moi, moi pobre, que tiña moitos fillos e case nada para comer. Un día chegou ata a súa porta un mendigo, e eles como eran moi boas persoas convidárono a pasar e compartiron con él a súa escasa cea. Antes de marchar o mendigo en agradecemento pola súa amabilidade agasallounos con un pequeno muiño e díxolles: "A partires de hoxe non volveredes a pasar fame, este é un muiño máxico, cando precisedes comida ou roupa moedes co muniño e darávos o que lle pidades. Para que se deteña só tedes que dicir as palabras máxicas". A familia así  fixo, cando querían pan, moían pan, e se querían carne moian carne e así durante moitos anos. Ata que un día pasou por diante da súa ventá un perigoso pirata que vendo as maravillas que facía o muiño roubouno e levouno con el ó seu barco. Cando chegou a hora de facer a comida o cociñeiro decatouse de que non tiña sal,  e dixo o pirata : "Pois pedímoslle ó muiño sal e que moia sal". E así o fixo pero..... resulta que o pirata non sabía as palabras máxicas asique o muiño comezou a moer sal, e mais sal, e mais sal, ata que o barco pouco a pouco se foi afundindo no mar,  e como ninguén sabe como paralo o muiño ainda segue no fondo do mar a moer sal. Por iso o mar está salgado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario