Esta semana os nenos/as de 5 anos do cole fomos ó museo de Belas Artes.
Alí descubrimos que se nos fixamos ben, un cadro, sen dicir nin unha soa verba cóntanos un montón de cousas: Observamos unha paisaxe de Modesto Urgell e o cadro contounos que estaba anoitecendo, que facía aire, que as mulleres ían para a casa,.... e todo isto só fixándonos ben...¡qué interesante!. Tamén nos gustaron moito os cadros de Seoane, as historias que nos contou o monitor, e tanta cor que alí había. Pero co que máis desfrutamos foi facendo o noso propio cadro: Un retrato. Despois de observar varios cadros de Retratos do museo foi moi fácil debuxar cousas nun papel e que éste falase sen ter boca.
lunes, 31 de mayo de 2010
miércoles, 26 de mayo de 2010
UNHA HISTORIA CON TÍTERES
Onte os nenos/as do Ceip Raquel Camacho percorremos un "CAMIÑO DE AVENTURAS" da man da compañia de Titeres Cachirulo, que nos contou unha historia que aconteceu fai cincocentos anos. Gaifeiros vai en misión segreda a falar co príncipe árabe para rematar a guerra entre os dous pobos. No camiño atopouse con Lucifer que tentou detelo, pero o pelegrín conseguíu enganalo e escapou. O demo perseguíuno por todo o mundo facendo despropósitos para que non chegase ó seu destino.
lunes, 24 de mayo de 2010
OS TRES PORQUIÑOS
Hoxe os nenos/as de infantil fomos ó guiñol que nos fixeron as profes. ¡Vaia medo que pasamos co lobo!, menos mal, que ó final caeu pola chimenea, e marchou co rabo queimado entre as pernas.
jueves, 6 de mayo de 2010
A PEDRA E AS FORMIGAS
¿ Coñecedes este conto? Trata de dúas formigas que van paseando polo campo preto dun escuro bosque; viron ó lonxe unha pedra enorme e decidiron descansar ó seu carón para merendar. De súpeto comezan a oir unha afinada voz de muller, despois de moito buscar, non había dúbida, a voz viña do interior da pedra ¿Quén se agocharía alí?.
Os nenos de infantil desfrutaron moito escoitando o conto no cole, pero ainda o pasaron mellor cando fomos ver a súa adaptación ó teatro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)