jueves, 29 de abril de 2010

¿SABEDES QUEN É?

Pois é a Ratiña Laranxa, e  os neno@ de 4 anos fomos escoitar a súa historia ó Palacio da Opera. Pasámolo moi ben. Cantamos cancións, escoitamos como soan distintos instrumentos, e vivimos coa ratiña moitas emocións: o medo, cando se perdeu no bosque, a ilusión da súa festa de aniversario, a placidez do sono......
Este sábado día 1 de maio pódese volver a ver a obra ás 12.00 da mañá na sala de cámara do Palacio da ópera.
Se quederes saber máis pinchade aquí.

domingo, 25 de abril de 2010

miércoles, 21 de abril de 2010

HISTORIAS DO ACUARIO

¿Sabedes a onde fomos onte os nenos e nenas de tres anos?..... Pois fomos o Acuarium, ¡qué ben o pasamos!, andivemos a procura dos polbos que se agochaban entre as rochas, buscamos morenas nos furados das penas, perseguimos ó congrio xigante, escoitamos o ruido do mar, tocamos estrelas de mar, que resulta que teñen os ollos na punta de cada brazo e ademáis se perden un, pois vólvelle a nacer. Algunhas especies poden ter ata 40 brazos ¡ vaites e nós pensando que só tiñan 5!.
Despois fomos ver a Gastón e a Hermosa ¿sabedes que son?, Pois os tiburóns do acuario, Ufff, que grandes son, e cantos peixes hai arredor.
Pero ademáis dos peixes, Ana a nosa monitora, contounos dúas historias que nos gustaron moito,
 ¿Queredes que volas conte? ......Pois ahí van:

HISTORIA DO PEIXE DE SAN PEDRO 
      ¿Vedes esas manchas redondas que ten este peixe a cada lado?
Pois conta a historia, que fai moito, moito tempo, un peixiño quedou atrapado entre unhas rochas e fíxose unha ferida, nese momento estaba o apóstolo San Pedro na súa barca, que vendo o peixiño malferido colleuno con dous dedos, curouno e deixouno outra vez no mar. Por iso se cree que as dúas manchas negras son as pegadas dos dedos do apóstolo e de ahí o seu nome:  peixe de San Pedro.


HISTORIA DE PORQUÉ O MAR É SALGADO:

Hai moitos anos nun país moi ao norte, nunha pequena illa,  vivía unha familia moi, moi pobre, que tiña moitos fillos e case nada para comer. Un día chegou ata a súa porta un mendigo, e eles como eran moi boas persoas convidárono a pasar e compartiron con él a súa escasa cea. Antes de marchar o mendigo en agradecemento pola súa amabilidade agasallounos con un pequeno muiño e díxolles: "A partires de hoxe non volveredes a pasar fame, este é un muiño máxico, cando precisedes comida ou roupa moedes co muniño e darávos o que lle pidades. Para que se deteña só tedes que dicir as palabras máxicas". A familia así  fixo, cando querían pan, moían pan, e se querían carne moian carne e así durante moitos anos. Ata que un día pasou por diante da súa ventá un perigoso pirata que vendo as maravillas que facía o muiño roubouno e levouno con el ó seu barco. Cando chegou a hora de facer a comida o cociñeiro decatouse de que non tiña sal,  e dixo o pirata : "Pois pedímoslle ó muiño sal e que moia sal". E así o fixo pero..... resulta que o pirata non sabía as palabras máxicas asique o muiño comezou a moer sal, e mais sal, e mais sal, ata que o barco pouco a pouco se foi afundindo no mar,  e como ninguén sabe como paralo o muiño ainda segue no fondo do mar a moer sal. Por iso o mar está salgado.

sábado, 17 de abril de 2010

¡QUE BEN, IMOS Ó CINE!

Esta semana os nenos e nenas de infantil do cole fomos ó CGAI  a ver tres películas:




A GARZA E A OSTRA: Unha garza quere comer unha ostra, parecece fácil pero.....a ostra ten os seus trucos, mentras un pescador agarda....
¿pescará algo?.




OS CÁGADOS NA PROCURA DA SÚA MAMÁ:
Nun tranquilo estanque mamá rá acaba de poñer os seus ovos. Nacen un montón de cágados que percorren o estanque buscando a mamá ra, pregúntanlle  a varios dos seus habitantes peixes, tartarugas, cangrexos de mar.....¿atoparana?

OS TRES MONXES:  A un mosteiro que se atopa no cumio dunha montaña chegan tres monxes, un pequeno, un grande e un gordiño. Para ir por auga hai que baixar a montaña e volvela a subir polo que logo xorden os primeiros problemas, ata que un día se declara un incendio....

martes, 6 de abril de 2010

ADIVINA ADIVINANZA



Autora: Elisa de Armas. Textos originales. Imágenes FlickrCC

domingo, 4 de abril de 2010

DE VIVALDI A VAN GOGH

Para disfrutar da vista e do oido.