martes, 19 de marzo de 2013
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O luns día 08 de abril de 2013 celebrarase no centro unha xornada de portas abertas para Educación Infantil, co obxecto de que as persoas interesadas en solicitar praza para E: Infantil poidan coñecer o noso centro .
viernes, 15 de febrero de 2013
O ENTROIDO
Como este ano o eixo vertebrador das actividades do Centro son "Os muiños" os disfraces do alumnado estaban relacionados con esta temática, e ademáis o alumnado de educación infantil, elaborou un fermoso muiño de auga con material de reciclaxe Cartón e envases de leite valeiros.
FOTOS
DÍA DA PAZ
Este ano para celebrar o DÍA DA PAZ, realacionámolo con dous temas máis: "Os muiños" eixo vertebrador das actividades do centro e "Os dereitos das persoas". Entre todos os nenos/as do centro fixéronse dous muiños e cada clase fixo unha aspa na que se traballou sobre un Dereito, o resultado final foi este que podedes ver a continuación.
jueves, 14 de febrero de 2013
"CORRE, CORRE CABACIÑA"
En educación infantil estivemos traballando co conto "Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto &André Letria de OQO Editora. Aos nenos/as gustoulles moito, entre outras actividades escoitamos o conto
Cantamos a canción
E para rematar as profes de infantil fixeronnos un guiñol co que disfrutamos un montón
Suscribirse a:
Entradas (Atom)