miércoles, 24 de marzo de 2010

¿ESTO ES MAGIA?

Os nenos e nenas de 4 anos fomos onte a Casa das ciencias, primeiro fomos o planetario dixital e vimos a proxección da película " A noite do vampiro",  quedamos impresionados pola historia de Siro o vampiro e sobre todo por ver proxectadas as imaxes encima das nosas cabezas, parecía que se estaba a mover todo, Alex, que estaba sentado ó meu lado díxome: << Profe, que nos estamos estamos moviendo, ¿esto es magia?>>.
Despois demos un paseo pola exposición, que xiraba entorno a figura de Darwin, xa que se celebra o 150 aniversario da publicación A orixe das  especies".
 Alí vimos fósiles de animais, curiosas coleccións ( ata había unha de gormitis),  xogos interactivos ¡Qué ben o pasamos facendo burbullas de xabón, tirando o balón ó canón de aire.....!, e xa cando íamos a marchar reparamos nun expositor que resulta que estaba cheo de ovos, pero.... Oh!! Qué sorpresa!! Están a sair pitiños dos ovos.
Foi unha saída estupenda.

casa de las ciencias

lunes, 22 de marzo de 2010

PRIMAVERA NO RAQUEL CAMACHO

Chegou a primavera ó Raquel Camacho, e con ela o Día da Árbore. Pasámolo moi ben plantando pequenas árbores, plantas e legumes. Aquí deixo unhas fotos para que vexades que bonito quedou o xardín do noso cole.



Si entras no cole, nun dos corredores tamén podes ver unha exposición de murais feitos polos nenos/as con distintas árbores, trátase dun horoscopo Druida, xa que este ano o centro de interese en torno o que traballamos é a cultura castrexa. Convídovos a pasar e a ver o bonito que quedou.


jueves, 11 de marzo de 2010

PRIMAVERA

Ainda que vai moito frio a primavera está a punto de chegar.Aquí deixo un vídeo para facer flores de papel. Unha entretida manualidade para facer cos nenos/as.

sábado, 6 de marzo de 2010

SAÍDA Á LONXA DA CORUÑA

Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unha saída á lonxa da Coruña. Foi un día estupendo xa que vimos e aprendemos moitas cousas. Demos un paseo en autobús polo porto da Coruña, entramos na lonxa a ver peixes e mariscos, e despois fomos ver o porto pesqueiro de Oza.¡Hai que ver canto camiño percorren os peixes e mariscos antes de chegar as peixerías.
Deixamos aquí unha pequena mostra da nosa viaxe para compartir con todos vos.

O COELLIÑO BRANCO

Os nen@as de infantil de 4 anos estivemos a traballar co conto do Coelliño Branco. Gustounos moito. Cando rematamos cada un fixo un pequeno cadro de como vemos nós o Coelliño
Por si acaso a Cabra cabresa lle volve a entrar na casa, tamén lle fixemos unha horta de cenoiras para él.